III Plan de rescate da Xunta de Galicia: o prazo está aberto ata o 14 de xullo

A Xunta de Galicia publicou no DOG do pasado día 11 a orde correspondente ao III Plan de Rescate para empresas afectadas pola crise do covid. Dito plan ten tres programas e aportamos aquí a información correspondiente ao segundo deles, por ser o que máis se axusta ás características do sector. Toda a orde pode consultarse neste enlace –pinchar aquí-.

Programa II de apoio ás personas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B).

Persoas beneficiarias
Persoas traballadoras autónomas en alta no RETA ou Réxime do Mar por conta propia e profesionais individuais ou con persoal contratado (ata 10 persoas).
Máis información: oficinadoautonomo.gal/ 900 815 600
Empresas de ata 25 persoas traballadorase cun volume de facturación ata a 2 millóns de euros.

Axudas compatibles con outras axudas que poidan outorgar as administracións públicas.
Axuda incompatible cos programas TR600A e TR600C, podendo acceder a un único programa por persoa beneficiaria.

Requisitos

  1. Ter domicilio fiscal en Galicia.
  2. Desenvolver a actividade nosCNAE incluídos no Anexo I do RD-L5/2021 e ter unha caída de volume de operacións no 2020 de máis do 30% respecto ao 2019.
  3. De non estar incluído neses CNAE, ter unha caída de volume de operacións declarado ou comprobado no 2020 de polo menos o 40% respecto ao 2019.
  4. Ter cantidades pendentes de pago a provedores ou acredores de custos devengadas entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021 (contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021).
  5. Os pagos deben estar pendentes a data de solicitude.
  6. Ter resultado positivo no exercicio 2019 (excepcionalmente con resultado negativo se pode acreditar solvencia económica polas vías previstas na convocatoria).
  7. Estar ao corrente coa AEAT, ATRIGA e Seguridade Social
  8. Non ter solicitado concurso voluntario, non ter sido declarado insolvente nin atoparse en declaración de concurso. (Salvo que exista convenio que teña adquirido eficacia).

Destino da axuda | Gastos subvencionables

  • O pago da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.
  • O pago da débeda dos custos fixos incorridos.

Os pagos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.
b) A obriga de pago debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio de 2021.
c) Os pagos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude.

Obrigatoriamente a persoa beneficiaria debe destinar a axuda:
En primeiro lugar, ao pago das débedas a provedores e outros acredores non financeiros, así como os custos fixos nos que incorrera, por orde de antigüidade e,
Se procede, en segundo lugar a reducir o nominal da débeda bancaria, primando a redución do nominal da débeda con aval público.

Contía da axuda

Segundo a caída do volume de operacións:
Máis do 60% e menos do 70%→Máx 7.000 €
Do 70% ou máis → Máx 8.000 €

Incremento por persoas contratadas
De 4 a 9→ 1.000 €
De 10 a 20→ 2.000 €
De21 a 25 → 3.000 €

Cálculo do importe máximo da axuda conforme RD-L 5/2021 (art. 3.2, b)

⇒ 40% do importe da caída do volume de operacións que supere o 30% de caída respecto do 2019 para:

  • Persoas empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimación directa no IRPF.
  • Empresas, entidades, persoasprofesionaise establecementos permanentes que teñan un máximo de 10 persoas traballadoras.

⇒ 20% do importe da caída do volume de operacións que supere o 30% de caída respecto do 2019

  • Empresas, entidades, persoas profesionais e establecementos permanentes que teñan máis de 10 persoas traballadoras

A axuda solicitada deberá ser igual ou menor que as cantidades pendentes de pago

Supostos excepcionais de baixada do volume de operacións
Altas (ou cambios estruturais) realizadas ao longo do ano 2019
Abaixada de volume de operacións calcularase comparando o volume medio mensual do smeses con actividade do ano 2019 co volume medio dos doce meses do ano 2020.
Altas (ou cambios estruturais) entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de marzo de 2020
Abaixada do volume de operacións calcularase comparando o volume medio mensual dos meses con actividade do primeiro trimestre do 2020 coa media mensual dos tres trimestres restantes do ano 2020.